Saídas de campo

O noso compromiso é transformar determinadas paisaxes nos contidos dun novo libro de texto, porque é preciso ver para aprender. E o Olho de sapo axuda a ver.
Os lugares escollidos son únicos polo seu patrimonio xeolóxico e pola súa potencialidade didáctica. Hai lugares que mostran mellor a súa xeomorfoloxía, outros as súas rochas, outros a tectónica que os orixinou.
Entendemos a Xeoloxía como unha forma de lecer. As nosas propostas pedagóxicas, dirixidas a estudantes tanto de ESO como de Bacharelato, inclúen actividades prácticas lúdico-formativas relacionadas co espazo envolvente. A aprendizaxe da Xeoloxía tórnase unha descuberta.