Rotas guiadas

Olho de sapo ofrece unha selección de rotas de interese xeolóxico que permiten ao visitante coñecer diversos aspectos da xeografía galega e portuguesa ausentes dos circuítos turísticos tradicionais. Son as marabillas xeomorfolóxicas da Foz do Miño, a maxestosa orografía da Ribeira Sacra, a deslumbrante herdanza paleoxeográfica da Serra do Courel, única na Europa, etc.
Consoante as preferencias, Olho de sapo adapta os seus percorridos de forma que satisfagan tanto un público xeral amante da Natureza e da Xeoloxía en particular como profesionais e aficionados do ámbito das Ciencias da Terra.