O que a Xeoloxía ensina

A Xeoloxía ensina a ver con outros ollos, a mudar a perspectiva, a fuxir das aparencias. Ensina a apreender a mudanza, o paso do tempo, a ollar no interior das cousas. Ensina a analizar, a descifrar a realidade. A Xeoloxía proporciona outro ángulo a partir do cal entender, desfrutar e respectar a Natureza. E é tamén o elo que nos liga á Natureza, o vínculo que evidencia a esencia que temos en común con ela.
Todo isto é importante e fácil de aprender. Eis o obxectivo de Olho de sapo: mostrar o que a Xeoloxía ensina.