Quen somos

Olho de sapo é o soño de mostrar todo aquilo que a natureza aparentemente nos oculta, un lugar dedicado á Xeoloxía desde unha perspectiva educativa e lúdica, fomentando o máximo respecto polo medio ambiente.
Olho de sapo está formado por un equipo multidisciplinar con vasta experiencia docente e técnica no ámbito das xeociencias. Deseñamos saídas de campo para diferentes niveis educativos e visitas guiadas especializadas por lugares de particular interese xeolóxico tanto en Galiza como no Norte de Portugal.